BIBLIOTECA VIRTUAL Nº 1

Debido á nova normalidade á causa do covid 19, nós, o grupo do Voluntariado Xuvenil de Padrón,  que estamos a desenvolver o proxecto de voluntariado xuvenil «Experiencias culturais do voluntariado xuvenil en Padrón no ano 2020», cofinanciado pola DXXPV da Consellería de Política Social, tamén tivemos que adaptarnos e adaptar tamén a nosa ‘biblioteca móbil» á nosa nova ‘biblioteca virtual’.

Por iso, como podedes imaxinar, non poderemos emprestar libros, pero si ofrecervos unha variedade de contos en formatos, xéneros e idades diferentes.

Todos os contos que aquí propoñemos podedes atopalos na Biblioteca Municipal para empréstito a domicilio.

Esperamos que os disfrutedes!

CONTO 1: ISABEL, A ABELLA SEN MEL.

Isabel a abella sen mel

Isabel, a abella sen mel,  de Cristina Seijas publicado por Babidibú no 2019, é un libro sobre o coidado de animais e, sobre todo, do coidado do medio ambiente que nos serve para percatarnos do dano que lles estamos causando a ambos e nos permite ver como podemos melloralo. Cunhas personaxes entrañables, se nos presenta en primeiro lugar a Isabel, unha abella que se encontra no seu fogar pero que, ao verse sen alimento, decide saír na súa procura. Polo camiño, esta encóntrase con diferentes personaxes e, entre todos, deciden axudala.

Proposta de actividades, a realizar logo da lectura do conto, para as familias, educadoras/es, monitoras/es, mestras/es:

  1. Crear un conto novo e representalo con bonecos feitos con materiais do lixo, como por exemplo: latas de refresco, botellas de plástico, tubos de papel hixiénico, etc.
  2. Facer unha abella con material de reciclaxe.
  3. Propoñer novos títulos para este conto.

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close