Biblioteca virtual 2. O Monstro de cores.

PROPOSTA Nº 2: O MONSTRO DE CORES

O monstro de cores

O monstro de cores  de Ana Llenas, publicado por  Flamboyant no ano 2012, é un conto sobre as emocións e sobre a aceptación das mesmas. Ao comezo, o protagonista, ten un lío porque non é quen de comprendelas, pero logo recibe axuda para poñelas en orde e, cando o fai, dáse conta de que ao separalas, pode chegar a entender o que lle sucede e con iso a ser feliz. Actividades elixidas para O monstro de Cores:

  1. Construír un emocionómetro: Cunha cartolina de cada cor das emocións construímos unha especie de termómetro. Cada persoa da casa ten unha pinza co seu nome. Cada día, colócaa na emoción que lle corresponde e explica aos demais membros da casa a razón pola que a colocou aí.
  2. Pinta atendendo ás túas propias emocións. Cada neno e nena da casa pode facer un debuxo expresando como se sinte.
  3. Cada emoción no seu bote / Caixa. Consiste en coller un bote ou Caixa para cada unha das emocións que aparecen na historia e pintalos coa cor que corresponde. Despois, con anacos de cartón faranse fichas de cada cor e colocaranse no seu lugar.

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close