Biblioteca Virtual 3. Vivan las uñas de colores

Vivan las uñas de colores! é un conto escrito por Alicia Acosta e Luis Amavisca, ilustrado por Gusti e publicado en Nubeocho no ano 2018.

 

Vivan las uñas de colores

Este conto ilustrado está inspirado e baseado nunha historia real dun neno que se pinta as unllas, cousa que non é moi ben entendida no colexio… pero que pasará? Iso tes que descubrilo lendo este libro, xa dispoñible para préstamo na Biblioteca Municipal, que está indicado para menores a partir dos 4 anos e que é unha obra de referencia para tratar a tolerancia e a empatía. Un fermoso conto ilustrado que intenta romper cos estereotipos de xénero e que nos axuda a ver que non hai xoguetes ou gustos que sexan diferentes para cada sexo, pois todos e todas temos o dereito a que poida gustarnos o mesmo.

Proposta de actividades:

  1. Preguntas e respostas:
    1. Gústavos pintar as unllas?
    2. Cal é a vosa cor favorita?
    3. Credes que hai xogos para nenos e outros para nenas?
    4. Cales son os vosos pasatempos favoritos?

 

2. Actividades creativas:

    1. Debuxar unha man e pintar as unllas ou pintar as vosas unllas coas cores a elixir.
    2. Debuxar un boneco ou boneca con vestiarios que de forma xeral non se soen ver. Por exemplo: un neno cunha saia ou unha nena cun traxe de vaqueiro.
  1. Xogo: Eu son, eu podo…

Créanse unhas tarxetas cun debuxo dun neno e dunha nena. En cada unha aparece escrito: “eu son un neno e podo…/ eu son unha nena e podo…”; con accións como rir, chorar, cociñar, limpar, ser bombeiro/a, etc.

Os nenos e nenas teñen que imitar a tarefa que escollan e pode ser de calquera tarxeta, sen importar o sexo. Tanto as tarxetas das nenas e dos nenos teñen as mesmas acción, polo que todos/as poden facer de todo. Aí reside a aprendizaxe, todas e todos podemos facer o mesmo.

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close